👨👩Hoxe o alumnado de 2º de primaria participou no obradoiro: "Desmontando estereotipos nas películas de animación", onde aprendeu a mirar as súas películas favoritas con espírito crítico. A partir de escenas coñecidas e dinámicas participativas, identificaron roles, mensaxes repetidas e propuxeron alternativas máis igualitarias e inclusivas. Unha experiencia que reforza valores como o respecto, a diversidade e a liberdade de ser un mesmo.
mércores, 6 de maio de 2026
xoves, 5 de febreiro de 2026
“ConVIVINDO” NO CEIP PÁRRROCO DON CAMILO
“ConVIVINDO” NO CEIP PÁRRROCO DON CAMILO
O pasado venres visitounos no cole “VIVINDO”. Trátase dun obradoiro impartido por Apamp “Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade” que aborda contidos relacionados coa inclusión, a diversidade e a convivencia, encadrado dentro do Proxecto ConVIVINDO.
O alumnado de educación infantil participou nas actividades propostas coa compaña de “Vivindo” e a música de María Fumaça.
Que ledicia, pintando e bailando todos xuntos!
xoves, 22 de maio de 2025
La fábrica de etiquetas
Os nenos de 2º de primaria descubriron o conto "La fábrica de etiquetas", e así, poideron sacar fóra todas aquelas palabras referidas a eles que tanto lles molestan, e racharon todas! Que mellor forma de sentar as bases emocionais, que falando dos nosos medos...
venres, 21 de marzo de 2025
Día da Síndrome de Down - 21de marzo
luns, 10 de marzo de 2025
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Celebramos este 8 de marzo, Día internacional da muller, traendo ó noso cole e coñececendo un pouquiño polo miúdo, a mulleres de distintos eidos da sociedade e a cultura. Foron entrevistas e encontros na nosa biblioteca que nos achegaron á súa vida e ó seu traballo. Elas amósannos que todas (e todos) podemos.
Deixamos a continuación esta entrevista na que participamos todas as alumnas e alumnos do centro. Estas son as nosas preguntas á campioa paralímpica en triathlón SUSANA RODRÍGUEZ GACIO, unha muller digna de admirar, imitar e tomar como exemplo, tanto polo seu esforzo, capacidade de superación, adaptación e, por suposto, polos seus éxitos.
Grazas, Susana, por compatir este intre con nós ainda que fose dende a distancia.
Tivemos tamén o honor de contar con Betty León Fong, científica e investigadora. Foron os nenos e nenas de 5 anos quen fixeron a invitación para que viñese á nosa biblioteca. Unha gran tarefa para este grupiño de infantil. Xuntos resolvérona con moito éxito.
Grazas a Betty faisenos visible o relevante papel das mulleres na ciencia. Ela agasallounos cunha amena conferencia para todo o alumnado, adaptada as súas idades e con pequenos experimentos que nos deixaron coa boca aberta.
Grazas, Betty, por compartir o teu tempo con nós.
mércores, 12 de febreiro de 2025
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Este mércores, día 12 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º do cole visitamos as instalacións de Naturnova para aprender sobre algunhas das mulleres pioneiras no campo científico: Maude Delap, Antonia Ferrín, Minia Manteiga, Anne Innis Dagg, Katia Kraff, Mª José Sánchez e Nzambi Matee… Mulleres valentes e teimudas que abriron unha chea de camiños para todas nós. Mil grazas!
Día internacional da muller e a nena na ciencia
Onte foi unha data na que se recoñece a importancia da igualdade de xénero e a inclusión das mulleres no mundo da ciencia e a tecnoloxía. Polo que os nenos/as de 1º realizaron un mural sobre a primeira muller en recibir dous Premios Nobel en diferentes disciplinas, "Marie Curie".
venres, 31 de xaneiro de 2025
DÍA DA PAZ
A partir do conto Bailar nas nubes dialogamos sobre a convivencia, a aceptación e valoración das demais persoas como son e mailo respecto, ensalzando sempre os bos valores que nos levan a conservar a Paz na contorna onde vivimos, no noso pobo.
Así mesmo convidamos ás familias a participar con nós no canto elexido para este día da Paz ” Eu teño alguén”.
Deixámosvos un pequeno vídeo
xoves, 2 de xaneiro de 2025
Camiña con nós pola igualdade
Durante as últimas semanas do trimestre os alumnos de 6º infantil, 2º, 4º e 6º de primaria poideron participar nun obradoiro de igualdade promovido dende o concello de Vigo: “Camiña con nós pola igualdade”. Aquí tedes unha pequena mostra do que fixeron:
martes, 3 de decembro de 2024
25 Novembro
Este 25 de novembro fixemos visible o día da non violencia. Traballamos nas titorías toda a semana anterior en torno a dous libros "Artur e Clementina" e " As tres bolboretas". Comentámolos e sacamos conclusións prácticas para a vida diaria en familia e na sociedade tendo como base o respecto, tolerancia e valoracion das outras persoas.
Plasmamos na subida das escaleiras os nosos traballos gráficos.
Aquí queda exposto un pequeno video ainda que o maís importante esperemos que quede rexistrado na mente e no corazón do noso alumnado.
xoves, 24 de outubro de 2024
CORRESPONSABILIDADE: TAREFAS DO FOGAR
Esta semana tivemos de novo a Debo e María de visita no noso cole para axudarnos a comprender o significado e a importancia da corresponsabilidade.
O noso pavillón deportivo transformouse nunha casa coa súa sala de estar, habitacións, cociña...
Con este obradoiro de tarefas do fogar tomamos consciencia da necesidade que existe dunha repartición das tarefas entre as persoas que conviven.
Aquí podedes vernos colaborando nesta casa improvisada que montamos no noso cole!
xoves, 3 de outubro de 2024
OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SEXUAL
No Párroco estamos máis que comprometidos cunha formación integral do noso alumnado, por iso o cole se somerxe nun programa de Educación Sexual. Este concrétase a través de obradoiros dinamizados por expertas na materia que acoden á nosa biblio.
A educación sexual debe comezarse dende ben pequenos co obxectivo de fomentar entre o alumnado un maior coñecemento e respecto cara si mesmos e cos demais.
Esta semana tivemos unha primeira sesión que nos axudou a comprender un pouco mellor como é o noso corpo, que significa "sexualidade", en que ámbitos pode atoparse, como muda este concepto co tempo segundo as etapas de infancia - adolescencia - adultez.
Continuamos aprendendo!
Velaquí un vídeo-resumo dos obradoiros:


























