Amosando publicacións coa etiqueta educación sexual. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación sexual. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de outubro de 2025

EDUCACIÓN SEXUAL NA ESCOLA

 Esta semana as nenas e nenos de 1º e 2º da escola estivemos aprendendo unha morea de cousas sobre educación sexual. A través de xogos moi divertidos fomos quen de entender que actitudes como o respecto e a tolerancia son fundamentais para poder desenvolvernos dun xeito satisfactorio e saudable. Non menos importante foi decatarnos daquelas actividades ou experiencias que poden ser públicas, privadas ou  íntimas na nosa vida.

Deixamos unha breve escolma do vivído e experimentado ese día…



xoves, 3 de outubro de 2024

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SEXUAL


No Párroco estamos máis que comprometidos cunha formación integral do noso alumnado, por iso o cole se somerxe nun programa de Educación Sexual. Este concrétase a través de obradoiros dinamizados por expertas na materia que acoden á nosa biblio.

A educación sexual debe comezarse dende ben pequenos co obxectivo de fomentar entre o alumnado un maior coñecemento e respecto cara si mesmos e cos demais.

Esta semana tivemos unha primeira sesión que nos axudou a comprender un pouco mellor como é o noso corpo, que significa "sexualidade", en que ámbitos pode atoparse, como muda este concepto co tempo segundo as etapas de infancia - adolescencia - adultez. 

Continuamos aprendendo!

Velaquí un vídeo-resumo dos obradoiros: