Chegado o mes de maio e coa colaboración das familias pasamos o luns e martes cumplindo coa tradición e preparando o noso maio colaborativo. Por quendas fomos achegándonos ao porche e pasamos o tempo colocando as xestas na estrutura, atando os fiunchos e ensartando pampullos no arame e no fío. Para rematar puxemos as preciosas flores que trouxemos entre todos.
Deunos moito traballo, pero cando o miramos rematado quedamos abraiados e moi satisfeitos. Nada mellor entón que bailar en cantar arredor do noso maio lembrando tamén as palabras dalguns dos nosos poetas como Florencio Delgado a quen se lle adican este ano As Letras Galegas.
MAIO LONGO
Ningún comentario:
Publicar un comentario