Hoxe, 23 de febreiro, celebramos en toda Galicia o aniversario da nosa poetisa senlleira, Rosalía de Castro. Tódalas aulas están atarefadas lendo e gozando dos poemas da autora. Este curso levamos adiante dúas actividades importantes para seguir coñecendo a súa poesia.
Seguindo a proposta da AELG (Asociación de escritores en lingua galega) #sementado pensamentos, todos estamos preparando os carteis que acompañaran os pensamentos, flor preferida de Rosalía, que imos todos sementar no xardin.
Vencellando STEM e poesía, algunhas aulas xa enviaron as súas contrucións poéticas. Empezan a desfilar por aquí estes primeiros traballos, compartindo o seu tempo coa troula e mailo entroido. Mentres agardamos a rematar esta homenaxe á Rosalía e volo contamos máis todo polo miúdo, ide vendo os carteis e torres poéticas que xa están feitas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario