Hai tempo contámosvos que este curso a poesía vai ser un dos fíos arredor do que van ir conectadas varias actividades STEM, vencellando tecnoloxía, arte e matemáticas. A primeira cita poética oficial do ano, o aniversario de Rosalía, ía converterse nun intre moi especial para poñer todas estas cousas en marcha. Os nenos e nenas de 2º e de 5 anos foron os primeiros en agasallar á poeta coa súa construción poética.
Agora presentamos aquí o que fixeron os nenos e nenas de 4º e mailos de 4 anos. Todos puxeron a súa creatividade e as súas habilidades lendo e xogando cos versos e mailas palabras escollidas.
Os nenos de 4 anos fixeron primeiro unha construción baixiña lucindo as coloridas bandexas que utilizaron e unha gran T. Despois atrevéronse a xogar co equilibrio dunha torre máis alta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario