xoves, 8 de maio de 2025
EDUCACIÓN INFANTIL VAI Ó TEATRO
mércores, 28 de febreiro de 2024
HUGO
Este mércores, 28 de febreiro de 2024, o alumnado de 3º e 4º de Primaria fixemos unha saída ao teatro Afundación de Vigo para ver a obra “Hugo”. Unha marabillosa historia que nos fala dun neno diferente, do seu mundo e o seu pensamento... Avións, música, amizade...
Unha obra chea de sensibilidade e empatía, que fala da
diversidade e da convivencia; toda unha lección para reflexionar sobre a beleza
de sermos diferentes.
sábado, 3 de febreiro de 2024
TEATRO EN INGLÉS
domingo, 26 de novembro de 2023
VAIA RITMO!
O xoves 23 de novembro, o alumnado do 1º ciclo acudiu ao Auditorio do Teatro Afundación para disfrutar da proposta musical "VAIA RITMO!", de Odaiko Percussion Group.
A través da percusión, o público infantil puido improvisar, rir, saltar, bailar e acompañar o espectáculo con moitas, moitas palmas.
A saída ao centro de Vigo resultou ser moi agradable e, ao mesmo tempo, os nenos puideron ver xa un pouco, do despliegue navideño que se está preparando polas rúas, ante a chegada do Nadal.
mércores, 15 de marzo de 2023
CÍCLOPE
Este martes, día 14 de marzo, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º do colexio fomos a unha obra de teatro chamada “Cíclope” na sede de Afundación en Vigo. Ía sobre a viaxe de fin de curso dun grupo de rapaces dun instituto, así como das súas ideas para conseguir diñeiro para tal fin.
Nela pudimos comprobar a importancia de facer unha boa
xestión das finanzas persoais, e tamén o valor de prever as consecuencias que
os nosos actos poden ter na nosa vida e na das persoas que temos ao noso
arredor.
Deixamos algunhas fotos deste día tan diferente...
luns, 13 de marzo de 2023
NAUTILUS. 20000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA
O xoves, día 9 de marzo, as nenas e nenos de 3º e 4º da escola fixemos unha saída ao teatro de Afundación en Vigo para ver a obra Nautilus 20000 leguas de viaje submarino. Resultou unha proposta orixinal baseada na clásica novela de aventuras de Julio Verne, cunha lectura comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta.
luns, 30 de xaneiro de 2023
SAÍDA AO TEATRO: WHAT MONSTER?
O luns 25 de xaneiro ás 10.00h, quinto e sexto fomos ao Teatro Afundación a ver unha obra en inglés titulada What monster? de On Stage Company. Esta peza teatral narra o que podería ocorrer se un monstro nos axudase a enfrentarnos a aquilo que nos asusta, pero existe un problema. A lei dos monstros é clara…Toda axuda ten un prezo! Esta obra articulouse a partir da participación voluntaria de nenos e nenas que foron elexidos entre o público.
xoves, 1 de decembro de 2022
TEATRO EN GALEGO NA FUNDACIÓN ABANCA
Coma xa vos contáramos no blog da biblio durante este mes os nenos de 1º e 2º asisitiron á sesión de teatro organizada pola fundación Abanca. Tiveron a sorte de gozar coa representación da obra A aventura de aburrirse que lles gustou moito.




















