Este 5 de maio o alumnado de 1º, 2º e 5º de Primaria do cole, fomos visitar e pasar unha xornada de convivencia ao parque medioambiental de Vigonature, centro de recuperación e refuxio de distintas especies animais. Comezamos cunha visita polo exterior onde o personal do lugar contounos moitisimas curiosidades sobre os animais que estabamos a ver: aves, tartarugas acuáticas, ovellas, pavos reais… Todos eles tiñan unha historia conmovedora sobre as razóns que alí os levaran…
A continuación fixemos de detectives, organizados por equipos e buscando pistas sobre as plantas do invernadoiro, no que logo finalizamos facendo un obradoiro de plantación de tomateiras. Como xa estabamos algo cansos fomos xantar e xogar un pouquiño, pero non sabiamos que o máis emocionante estaba por chegar…
Xa viramos na zona interior o reptilario, pero quedaba a charla sobre os animais do exotarium, na que tocamos reptiles, serpes, tartarugas… Unha xornada inesquecible e diferente, onde aprender foi máis doado que nunca!
Ningún comentario:
Publicar un comentario