Amosando publicacións coa etiqueta polos creativos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta polos creativos. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de febreiro de 2026

UN ENTROIDO ARTÍSTICO E CREATIVO

Este Entroido no cole foi moi especial 🎭✨

A partir da lectura dos libros Non pare a festa e É tempo de Entroido, decidimos dar un paso máis e converter as páxinas en realidade organizando un Entroido tradicional galego na nosa escola.



Inspirándonos nos traxes de diferentes lugares de Galicia que descubrimos nas páxinas e ilustracións destas lecturas, puxémonos mans á obra para elaborar os nosos propios traxes. 

Foi unha actividade plástica e creativa que permitiu dar forma a un Entroido cheo de identidade e alegría.

Pero ollo! isto non vai só de arte e creatividade. Esta proposta permitiunos tamén desenvolver importantes habilidades:

✂️ Motricidade fina: recortando, pegando, debuxando e manipulando distintos materiais.


📏 Matemáticas: a través da medición, o uso da regra, o cálculo de tamaños e proporcións para que cada elemento encaixase perfectamente.


🤝 Traballo cooperativo, axudándonos uns aos outros e compartindo ideas.


Ademais, foi unha oportunidade marabillosa para coñecer e valorar as nosas tradicións e a nosa cultura, entendendo o significado do Entroido en Galicia e a importancia de manter vivas estas celebracións.


Aprender creando, medindo, imaxinando e celebrando xuntos… Así dá gusto festexar o Entroido! 🎉


sábado, 7 de febreiro de 2026

GAUDILANDRO: un meco moi especial


Entre todos os cursos do cole demos forma este ano a un meco moi especial, inspirado no famoso Drac do Parque Güell, creación de Gaudí. 

Foi unha proposta creativa e colaborativa na que participou todo o alumnado, combinando a cor e a alegría do entroido co PDI, as artes plásticas e o traballo en equipo. 

Ao longo de varios días fomos deseñando, montando e decorando este meco ata conseguir darlle vida a esta figura tan vistosa. 

Agora xa está listo e preparado para acompañarnos e marcarnos os mandatos da semana da Troula!

Que comece a festa!




venres, 19 de decembro de 2025

Christmas ornaments in Art class

 Neste mes de decembro as nosas aulas de Arts 🎨 transformáronse nuns recunchos para crear o noso tradicional adorno de Nadal  🎄.

Ademais de levar un bonito recordo, desenvolvemos a nosa creatividade 💡para facer creacións orixinais e respectuosas co medio 🌍, pois moitos destes adornos están feitos dándolle unha nova vida ♻️ a restos de papeis, cartón de caixas, rollos de papel hixiénico… 




Non nos digades que non temos o cole cheo de artistas 🧑🏼‍🎨 👩🏽‍🎨 👨🏼‍🎨!