Despois da nosa experiencia cociñeira coas cabazas e sobremesas de Samaín, chega o tempo de Nadal. O obradoiro Metidos en fariña, incluido no noso PDI, pon en marcha a cociña de Nadal con esta proposta arredor das sobremesas deste tempo. Mil e unha fariñas (trigo, millo, améndoa, ...) están xa preparadas para formar parte das vosas propostas culinarias. Daquela, facede en familia, tirade fotos ou vídeo e se podedes mandádenos a proba; ademais de gozar e comer en familia! E aproveitade a ler contiños de Nadal!
Ningún comentario:
Publicar un comentario