Esta semana os monitores da Fundación Igualarte
da man de Afundación impartiron diversos obradoiros ao noso alumnado buscando
fomentar a diversidade como un valor social:
Contacontos “A familia”: dirixido ao
alumnado de educación infantil. Unha vez escoitaron o conto creado pola
Fundación Igualarte, realizaron a actividade “Creando a miña familia”. Por
grupos, crearon un móbil colgante coas persoas que conforman unha familia.
As tarefas do fogar entre todos e todas: participaron
os cursos de 1º a 4º de primaria. Consistiu nunha obra de teatro cargada de
humor, pero cunha mensaxe moi seria: a igualdade de xénero.
Obradoiro de percusión: os monitores
deron un pequeno concerto para despois realizar un taller de percusión corporal
e con instrumentos de material reciclado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario