O pasado venres, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º visitamos DIVERSA. A Mostra Internacional da Ilustración Contemporánea na sede do teatro Afundación de Vigo.
Unha saída moi especial na que nos mergullamos de cheo na arte: observamos, sentimos e creamos grazas as nosas guías que fixeron que o percorrido polas salas fose único.
Dividímonos por grupos e cada un observou, creou e explicou unha das sala. Tiñamos ilustracións nas que a protagonista era a natureza, outras resaltaban a diversidade cultural, a fantasía e a imaxinación, as cores e emocións, os erros como oportunidades...
Sen esquecernos do momento obradoiro-taller no que fomos verdadeiros artistas, creando collage e "plasticolegas".
Aquí deixamos un pequeno vídeo e unhas imaxes que ilustran algúns momentos da saída!

Ningún comentario:
Publicar un comentario