Os nenos e nenas de educación infantil recibiron a semana pasada unha postal de VIVINDO previa a sesión do venres.
Nesta ocasión, Silvia leu un conto escrito e ilustrado polos integrantes do taller artístico de Apamp. Titúlase “Elisa no mundo das marabillas” e empregou un comunicador co sistema GRID para que Vivindo contara partes do conto, marionetas e pulsadores con diálogos. Vivindo contou como coñeceu os creadores do conto.
Posteriormente, os nenos e nenas viron un vídeo na biblioteca sobre como ilustraron o conto as persoas con parálise cerebral. A continuación, pintaron un mural con diferentes partes do corpo e empregando diferentes útiles (por exemplo: un licornio).
A todos os nenos e nenas gustoulles moitísimo o resultado do mural!
Ningún comentario:
Publicar un comentario