O mércores 8 de xuño, a pesares de ir preparados para pasar o día ao aire libre, o sol non nos quixo acompañar, e baixo a néboa e a chovisca, o alumnado de 3º e 4º chegamos a Vigozoo, nas instalacións da Madroa.
Fixemos unha visita guiada polo reptilario, coñecendo os animais que alí habitan: réptiles, insectos, peixes, anfibios, tartarugas... Á vez que disfrutamos desta fauna, as monitoras explicáronnos a importancia de Vigozoo, xa que acolle animais que están en proceso de recuperación, en situacións de abandono, maltrato animal...
Grazas aos coidados que se lles proporcionan, poden vivir integrados nestes espazos, xa que dadas ás características particulares de cada un, a súa vida salvaxe en liberdade é imposible.
Agardamos que na nosa próxima visita xa poidamos darlle utilidade ás nosas gorras, e así poder coñecer o resto dos animais que forman parte da gran familia que é Vigozoo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario