martes, 18 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS NAS AULAS

 Esta primeira parte do mes as aulas estiveron centradas na lectura oral dos textos de Xela. Agora xa temos un pequeno arquivo en audio das cousas que escribiu e traduciu e que podedes escoitar cando queirades. Tamén, nalgunhas das lecturas enviadas polas nosas familias, atrevéronse con textos de Xela, coma fixeron Noa e Ada e Paula.

Para conmemorar o día, ademais de todo o traballiño feito para coñecer á nosa autora, fixemos uns marcalibros e /ou medallóns que serverán para nos lembrar quen é esta escritora homenaxeada. Aquí tedes algunha mostra. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario