A familia é moi importante para o noso benestar e felicidade e tamén ten o seu día de celebración, o 15 de maio. Os cativos de infantil quixeron agasallar ás súas cun pequeno traballiño. Todo comezou na aula de psicomotricidade, onde compuxeron as letras da palabra familia cos seus corpos. Estas letras tan especiais serviron de base para adornar un precioso cartel que con moita ledicia levaron para a casa. Acompañaron este traballo cun poema da poetisa portuguesa Maria Rosario Macedo, no que fala da importancia deste vencello cos nosos.
Os nenos e nenas de 5 aproveitaron para facer os seus propios deseños reciclando cartón e aproveitando sobrantes doutros traballos. Reto#reciclamos
Ningún comentario:
Publicar un comentario