Amosando publicacións coa etiqueta Plan Proxecta. PLAMBE (PDI). Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plan Proxecta. PLAMBE (PDI). Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de xuño de 2018

FROITA NA ESCOLA EN XUÑO

Éntre o 4 e o 15 de xuño, todos os alumnos do colexio disfrutamos da degustación de froita nos recreos. Comimos froita de temporada como amorodos, nectarinas, melocotóns, peras, mazás, plátanos... Que rico e que cheo de vitaminas...!

luns, 18 de xuño de 2018

Saída de 1º e 2º á Hípica Alazán. Escola de equitación San Cosme

O venres 15 de xuño os nenos e nenas de 1º e 2º quixemos poner o broche final a derradeira investigación do Proxecto Documental Integrado "Cos ollos de Vigo". Nesta ultima andaina partindo da escultura dos cabalos da Praza de España investigamos arredor dunha chea de cousiñas do mundo equestre. Así que esta saída foi moi agardada e especial para coñecer máis de preto os equinos e desfrutar cos nosos compañeiros nunha nova aventura.

Nada máis chegar, no aparcamento fixeron dous grupos, e acompañados das nosas titoras e mestras e da man das monitoras comezou esta estupenda visita.

Nesta excursión única e diferente, mentres uns montaban a Little e a Luna acompañados por dos compañeiros que os guiaban no paseo, os outros peiteaban a outros dous ponys. Namentres os compañeiros de 1º visitaban todas as instalación coñecendo as cuadras de competición e os sitemas de entrenamento que empregan, aprendendo cousiñas sobre os numerosos e delicados cuidados que precisan os cabalos e como é a súa alimentación. E logo cambiamos e mentres os compañeiros de 1º montaron e peitearon aos ponys os de 2º fixeron a visita as instalacións.

Ao final, xuntámonos todos nas gradas da pista de competición para ver unha pequeña demostración.



E aquí tedes as fotos do que foi o día. Como cada grupo fixo moitas fotos, as poñemos por separado.
Fotos 2º 




Fotos 1º 


venres, 6 de abril de 2018

VISITOUNOS LEDICIA COSTAS!!!!!



      Poderiamos dicir que os libros de Ledicia son un gran tapiz de bordado con moitos fíos:  o fío dos recordos, o fío das vivencias, o fío da imaxinación, o fío da complicidade, do agarimos, dos soños,...

      E nós quedamos enredados no seu novelo, abraiados coas súas anécdotas e imaxinando como chegou Ledicia a escribir un libro tan fascinante como "A señorita Bubble".

       E é que no Párroco don Camilo somos verdadeiros admiradores da súa literatura e non podemos esquecer "Escarlatina", "Esmeraldina" e tantos outros que nos fan ter ese gusto pola lectura tan necesario.

       Os teus libros son un alimento enriquecedor.  Grazas por ensinarnos os fíos do teu novelo.




venres, 23 de marzo de 2018

UNHA VIAXE DE DOUS SÉCULOS (5º EP)



    O pasado venres 23 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º de EP, tivemos a sorte de ser recibidos polas tropas francesas e percorrer as rúas que someteron en 1808.

     En realidade non era unha tropa enteira, era só o "Coronel Lagartó" (facíase chamar Pîerre de la Pierre) que por máis que o intentou, non conseguiu que trocásemos de bando.

      Durante uns minutos, incorporouse o alcalde para que non esqueceramos a data do 28 de marzo como o día da Reconquista.  Ese día celebramos que os vigueses expulsaron aos franceses que levaban na nosa cidade desde o 31 de xaneiro do devandito ano.

      Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o noso percorrido.  Foi realmente interesante e divertido.

      Gustaríanos agradecer a todos os profesionais que nos acompañaron:  os guías, o fotógrafo e o coronel.  Todos eles foron quen de ambientar a ruta e converter a mañá do venres nunha viaxe ao pasado difícil de esquecer.


luns, 26 de febreiro de 2018

Día de Rosalía 2018

O venres no Párroco sumámonos á proposta da AELG e celebramos o 181 aniversario de Rosalía e así abrimos as fiestras aos versos e poemas da obra de Rosalía máis importante para a lingua galega, Cantares Gallegos que foi editada na imprenta Juan Compañel da rúa Real de Vigo.
Nos días previos traballouse nas aulas a vida e obra de Rosalía´. Xa o venres pola mañá ben cedo foron moitas aulas as que encheron de poemas e versos as fiestras do noso colexio, a biblioteca quedou cheiña de poemas e estrofas "Rosalianos" acompañados do lema deste ano.

As familias tamén foron partícipes deste aniversario levando a cabo unha actividade que vos contaremos no blogue da biblioteca.

Despois do recreo, xuntámonos todos no patio dianteiro, converténdose así o porche no escenario do noso espectáculo poético-musical onde nos esperaba unha grata sorpresa e é que a mismísima Rosalía estaba esperando para escoitar todo o que lle queriamos adicar.

 Primeiro foron os nenos e nenas de 2º os que abriron o acto lendo unha adaptación do manifesto #AbrideAFiestra. Despois sucedéronse case todos os cursos recitando, lendo e cantando algún fragmento, poema ou canción adicado a esta gran muller.
E é que Rosalía de Castro, pertence ao pasado da nosa historia, pero segue presente cada día na beleza que nos rodea, tamén na nosa cidade como veredes no mural das familais pero sobre todo nos nosos corazóns. Rosalía sempre será actualidade!.
Aquí tedes o manifesto e as fotos dese día tan especial que pasamos.

martes, 6 de febreiro de 2018

MIL CORES POLA PAZ

Traballando arredor da Paz este curso e logo de todo o acontecido nos últimos tempos cos incendios, a escaseza de auga dos nosos encoros, etc decidimos vencellar o día da Paz co cambio climático. Como estamos de cheo a traballar co PDI "Os ollos de Vigo" e son moitos os fermosos muráis de distintos artistas que locen na nosa cidade botamos man da arte urbana e así xurdiu o mural que podedes ver na planta baixa do colexio baixo o lema "Mil cores pola Paz" deste xeito fixemos a nosa particular interpretación do mural de Nelson Villalobos situado na rúa Martínez Garrido......pero ao noso xeito; traballando por parellas nas aulas e pensando solucións para paliar o cambio climático. Foron moitas as ideas que tiveron os cativos, todas elas moi doadas de poñer en práctica se usamos un chisquiño o sentido común....Atoparedes algunas delas baixo as figuras da primeira liña deste colorido mural.
O importante destes días foi reflexionar sobre todo o que acontece ao noso redor e tomar as nosas pequenas decisión que axuden a facer do mundo un lugar mellor.



domingo, 5 de novembro de 2017

Festa de disfraces no Samaín e actividades nas aulas

O martes 31 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Nese día ademáis de disfrutar polo patio xogando disfrazados os maiores tiveron sesión de cine de "medo"e os nenos e nenas de infantil fixeron obradoiros rotando en candansúa aula.

martes, 31 de outubro de 2017

Exposición de cabazas no Samaín

Nestes días de Samaín, no Párroco propuxemos as familias que nos enviaran o seu calacú e que matinaran na teima do Proxecto Documental que ven de botar a andar: Cos ollos de Vigo...
Premendo na imaxe podedes ver as cabazas que foron chegando ao colexio para formar parte desta exposición que leva lucindo toda a semana na entrada do colexio
Moitas grazas pola vosa participación!!


Preme na imaxe para ver o video da exposición de cabazas.





xoves, 22 de xuño de 2017

O mel en 1º, 2º, 3º e 4º de primaria

Onte as nenas e os nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria acudimos, en diferentes quendas, a unhas charlas sobre o mel.
Beatriz explicounos as diferenzas entre as abellas e as avespas asiáticas, o perigosa que é esta especie invasora para a produción do mel en particular e para o ecosistema en xeral xa que as avespas asiáticas matan ás abellas.
Aprendemos como elaboran as abellas o mel e como é o proceso de recollida da mesma dende as colmeas ata a súa distribución e venda.
Algunha ata tivo a sorte de vestirse como unha auténtica apicultora.

E como é ben sabido que somos uns larpeiros, ao finalizar a sesión agasalláronnos a cada un de nós cun tarriño de doce mel!.





luns, 12 de xuño de 2017

Ponlle as pilas ao teu bocata

O luns 5 de xuño, en diferentes quendas os nenos dende 1º a 6º de primaria tivemos uns talleres para facer bocatas saudables empregando as conservas. Desta vez comprobamos que só un bocadillo de conservas do mar leva dentro toda a enerxía que precisamos para acadar as nosas metas e que as conservas do mar son ricas en proteinas moi importantes para crecer e ademáis levan vitamina B12 que é fundamental para a nosa saúde (sobre todo para coidar a memoria).
Aqui tendes as fotos de 1º e 2º, 3º e 4º e o último o de 5º e 6º.


 

 

venres, 19 de maio de 2017

As Maimiñas en concerto

O martes 16 de maio os nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria asistimos a un concerto das Maimiñas no ximnasio onde fixeron a presentación do seu novo disco "Unha viaxe polo mundo". Nesa viaxe polo mundo as Maimiñas fixeron unha parada no río Miño percorrendo os 350 kilómetros dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia, pasando pola Terra Chá ata a súa desembocadura no océano Atlántico.
Que ben o pasamos cantando e bailando!


O sabor da aventura está no mar en infantil e en primaria

A pasada semana todo o colexio participamos en diferentes quendas nos obradoiros "O sabor da aventura está no mar".
Os primeiros en acudir o martes 9 de maio foron os máis pequerrechos do colexio, os nenos e nenas de 4º e 5º de infantil. A continuación foron os de 6º de infantil e 1º de primaria.
O mércores 10 de maio continuaron os obradoiros participando en tres quendas distintas, 2º e 3ºA, logo 3ºB e 4º e por último os maiores de 5º e 6º.
Nesta ocasión a actividade foi no ximnasio onde un mariñeiro, una peixeira e una bióloga explicáronnos da man duns personaxes moi curiosos chamados "arroases" moitas cousiñas sobre a pesca, a distribución e a venda de peixe.
Aquí podedes ver as fotos do que foron as distintas sesións.

domingo, 26 de marzo de 2017

Día da poesía

Un ano máis o día 21 de marzo celebramos o día da poesía no colexio. Desta vez a solta de poemas a tivemos que facer dentro do colexio xa que o tempo primaveral tan cambiante non acompañou para deixar florecer os nosos versiños polo exterior.
Como neste curso estamos a traballar arredor do Río Miño foron moitos os poemas que inventaron os nenos arredor das súas augas, da súa flora e da súa fauna deste xeito convertímonos en poetas como outros moitos escritores que escribiron fermosos versos ao noso río.
Entre os grandes escritores galegos atopamos un poema de Celso Emilio Ferreiro "Loubanza do pai Miño" do libro "Onde o mundo se chama Celanova"
Logo da súa lectura pensamos en ocupar tamén as nosas subidas e baixadas polo cole coa súa lectura e así foi como xurdiron as "escaleiras poéticas". Deste xeito todas as aulas do colexio contribuímos para ir enchendo banzo a banzo as escaleiras grandes con estas palabras tan fermosas adicadas ao noso Río.
Tamén como a poesía non entende de fronteiras linguisticas na aula de inglés animáronse a encher as outras escaleiras con versos nesa lingua.

Aquí tendes as fotos das escaleiras poéticas



 
 
E aquí un vídeo resumo do traballiño arredor do día da poesía, como foi a solta de poemas polo colexio e o ben que locen os poemiñas pendurados polo Párroco.

mércores, 28 de decembro de 2016

NO PRIMEIRO TRIMESTRE PLANTAMOS BRECOL

Durante este trimestre, os alumnos de 1º de Primaria plantamos brecol no horto escolar. Primeiro preparamos a terra e fixemos os buratos. Despois cada un plantaba no burato a planta con un pouco de abono. Para rematar tapamos o burato e botamos un pouco de auga. Agora, a esperar que o ciclo se cumpla e os miremos medrar.









luns, 30 de maio de 2016

HORTO ESCOLAR

UN ANO MÁIS TRABALLAMOS NO HORTO ESCOLAR Como todos os anos, continuamos co noso traballo no horto escolar. Este curso, o tempo non axudou demasiado. Aínda así, plantamos no inverno rabanitos e cebolas e na primavera tomates. Esta actividade está dentro do proxecto FROITA NA ESCOLA. O noso obxectivo e que os alumnos aprendan a ter hábitos de comida saudables, coman máis froitas e verduras e non teñan unha vida sedentaria. Os alumnos de 3º e 2º plantamos e recollemos cebolas e os alumnos de 4º tamén plantamos rabanitos. Agora, na primavera, xa botamos uns tomatiños.

sábado, 30 de xaneiro de 2016

CONVIVENCIA DO DÍA DA PAZ 2016

Logo de traballar eses días arredor da temática da Paz nas aulas e de deixar a nosa pegada no mural. O venres 29 de xaneiro xuntámonos todos no ximnasio do colexio para adicarlles aos nenos do mundo un chisco de esperanza e ánimo cos arrolos que lles cantamos, as composicións que tocamos coas frautas, os poemas que recitamos e ata coa animada canción cantada por todos en inglés. Aquí tendes unha mostra do que foi ese fermoso día.

venres, 29 de xaneiro de 2016

MURAL NO DíA DA PAZ 2016

Este ano queríamos adicarlles no Párroco o día da Paz a tódolos nenos e nenas que están a sufrir as consecuencias das guerras no mundo. Especialmente aos nenos e nenas refuxiados.....
Nós ainda que somos moi cativos, podemos facer moitísimas cousas para cambiar o mundo e facer que sexa un mundo mellor.....xa o falamos nas aulas cada día, aínda que as veces se nos esquece un pouquiño...
Pero para celebrar este fermoso día de convivencia e colaboración entre todos e grazas as indicacións do mouchiño de biblioteca fixemos un precioso mural que podedes ver na entrada do colexio. 


Esa foi tan só unha pegada que quixemos deixar nese día de esperanza, adicándolles a tódolos nenos do mundo una estrela chea de reatratos, os nosos, os deles,  xunto cun poema do homenaxeado nas Letras Galegas deste ano Manuel María  "A estrela se nome" toda ela rodeada de sons e arrolos inventados, vividos, soñados. Moitas grazas as familias pola vosa achega e colaboración.








xoves, 3 de decembro de 2015

SAÍDA DOS NENOS DE 1º AO CENTRO DE VISITANTES DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Xa que no cole estamos inmersos nun proxecto sobre as bisbarras da nosa comunidade: “Galicia de faro a faro”, aproveitamos para coñecer un pouquiño mellor a flora e fauna das nosas illas facendo unha saída ao centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Ao chegar recibiunos Martiño, un corvo mariño moi simpático, que nos axudou neste percorrido ensinándonos algunhas características do relevo do parque Nacional (cantís, praias, bosque…) así coma dos fondos mariños onde se atopan  incribles tesouros naturais (morenas, polbos, estrelas de mar…). Por outra banda tamén presentounos algúns dos seus amigos coma os chocos, as gaivotas, os ourizos…

A verdade é que nos quedaron moitas ganas de achegarnos a algunha das illas; algúns xa estivemos, pero mesmo prestábanos volver.


sábado, 13 de xuño de 2015

TRABALLAMOS COS ALIMENTOS EN 5º DE PRIMARIA

Os alumnos de 5º de Primaria, no 1º trimestre, coñecimos moitas propiedades dos alimentos, a súa clasificación, de cales non debemos abusar... Tamén aprendemos a elaborar dietas saudables.

RECOLLEMOS LEITUGAS NA NOSA HORTA

Os alumnos de 1º recollemos as leitugas que plantaran os nosos compañeiros de 3º de Primaria e fomos levarllas a súa clase. Observamos que medraron moi rápido e foi porque tivemos moito sol e así o tempo axudou. As leitugas, para medrar, as regabamos e as tapamos cunha rede, porque outros anos que non as cubrimos, as comeron os paxaros. Con estes poucos coidados, e o sol medraron moitísimo. Ainda así, deixamos unhas poucas para recoller na semán vindeira.