Poderiamos dicir que os libros de Ledicia son un gran tapiz de bordado con moitos fíos: o fío dos recordos, o fío das vivencias, o fío da imaxinación, o fío da complicidade, do agarimos, dos soños,...
E nós quedamos enredados no seu novelo, abraiados coas súas anécdotas e imaxinando como chegou Ledicia a escribir un libro tan fascinante como "A señorita Bubble".
E é que no Párroco don Camilo somos verdadeiros admiradores da súa literatura e non podemos esquecer "Escarlatina", "Esmeraldina" e tantos outros que nos fan ter ese gusto pola lectura tan necesario.
Os teus libros son un alimento enriquecedor. Grazas por ensinarnos os fíos do teu novelo.
Non hai mellor forma de amar a lectura que poñerlle cara ós autores e coñecer a historia que os levou a escribir! Grazas por estas actividades tan enriquecedoras :-)
ResponderEliminar