O pasado venres 23 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º de EP, tivemos a sorte de ser recibidos polas tropas francesas e percorrer as rúas que someteron en 1808.
En realidade non era unha tropa enteira, era só o "Coronel Lagartó" (facíase chamar Pîerre de la Pierre) que por máis que o intentou, non conseguiu que trocásemos de bando.
Durante uns minutos, incorporouse o alcalde para que non esqueceramos a data do 28 de marzo como o día da Reconquista. Ese día celebramos que os vigueses expulsaron aos franceses que levaban na nosa cidade desde o 31 de xaneiro do devandito ano.
Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o noso percorrido. Foi realmente interesante e divertido.
Gustaríanos agradecer a todos os profesionais que nos acompañaron: os guías, o fotógrafo e o coronel. Todos eles foron quen de ambientar a ruta e converter a mañá do venres nunha viaxe ao pasado difícil de esquecer.
A Historia contada nos sitios onde aconteceu. Mellor imposible!! Teño que investigar se hai visitas guiadas para pais e nais ;-)
ResponderEliminar