xoves, 19 de abril de 2018

Visita de autor: María Canosa contounos en 1º e 2º "O día que choveu do revés"

A finais de marzo, anticipándonos un pouco ao día do libro, foi María Canosa a escritora que visitou aos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria para contar a súa obra "O día que choveu do revés".
Aínda que o libro o traballamos os días previos nas aulas, encantounos esta historia na que as nubes decidiron chover os sete choveres, coa intención de que as os campos de millo e as verzas medrasen vizosas, sen pensar que poderían asolagar a vila de Portoseco.
Pero sen dúbida o que máis nos gustou foron as ideas tan imaxinativas que tiveron as nubes para solucionar o asunto e as moitas outras que xurdiron nas aulas. Estes cativos apuntan maneiras de escritores e ilustradores, coa súa imaxinación propoñen moi boas solucións ante os problemas. Así que xa sabedes: non vos esquezades de escoitalos a diario!.
Así foi, unha gran sorte coñecer en persoa a unha escritora coma María Canosa que ademáis de contarnos o conto, respondeu as nosas curiosas preguntas e deixou a súa pegada nos nosos libros con debuxos, fermosas palabras e a súa sinatura. Grazas María!
 

1 comentario:

  1. Non podo estar máis dacordo: estes nenos apuntan maneiras de escritores e ilustradores. Tanta imaxinación ten que canalizarse por algures ;-)

    ResponderEliminar