martes, 6 de febreiro de 2018

MIL CORES POLA PAZ

Traballando arredor da Paz este curso e logo de todo o acontecido nos últimos tempos cos incendios, a escaseza de auga dos nosos encoros, etc decidimos vencellar o día da Paz co cambio climático. Como estamos de cheo a traballar co PDI "Os ollos de Vigo" e son moitos os fermosos muráis de distintos artistas que locen na nosa cidade botamos man da arte urbana e así xurdiu o mural que podedes ver na planta baixa do colexio baixo o lema "Mil cores pola Paz" deste xeito fixemos a nosa particular interpretación do mural de Nelson Villalobos situado na rúa Martínez Garrido......pero ao noso xeito; traballando por parellas nas aulas e pensando solucións para paliar o cambio climático. Foron moitas as ideas que tiveron os cativos, todas elas moi doadas de poñer en práctica se usamos un chisquiño o sentido común....Atoparedes algunas delas baixo as figuras da primeira liña deste colorido mural.
O importante destes días foi reflexionar sobre todo o que acontece ao noso redor e tomar as nosas pequenas decisión que axuden a facer do mundo un lugar mellor.



1 comentario:

  1. Esta fin de semana pasamos por Martínez Garrido e estivemos un chisco vendo o mural e falando del... Cole-casa, casa-cole... todos a unha! ;-)

    ResponderEliminar