luns, 30 de maio de 2016

HORTO ESCOLAR

UN ANO MÁIS TRABALLAMOS NO HORTO ESCOLAR Como todos os anos, continuamos co noso traballo no horto escolar. Este curso, o tempo non axudou demasiado. Aínda así, plantamos no inverno rabanitos e cebolas e na primavera tomates. Esta actividade está dentro do proxecto FROITA NA ESCOLA. O noso obxectivo e que os alumnos aprendan a ter hábitos de comida saudables, coman máis froitas e verduras e non teñan unha vida sedentaria. Os alumnos de 3º e 2º plantamos e recollemos cebolas e os alumnos de 4º tamén plantamos rabanitos. Agora, na primavera, xa botamos uns tomatiños.

1 comentario:

  1. Sempre resulta gratificante ver que o esforzo ten a súa recompensa, que algo que coida un mesmo da os seus frutos.

    ResponderEliminar