Un ano máis seguimos a traballar en prol da saúde e os bos
hábitos alimenticios desde a nosa escola estudando e comprobando cos nosos
alumnos o valor da froita na nosa dieta diaria. Así, dentro do Plan Proxecta, estes días repartíronse varios
tipos de froitas nos recreos entre os nenos, compartindo uns intres moi saudables e coñecendo un pouquiño mellor os beneficios destes marabillosos alimentos.
Amosando publicacións coa etiqueta Froita na escola b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Froita na escola b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 2 de febreiro de 2020
FROITA NA ESCOLA
Etiquetas: tradición oral, tics
2019-20 Saídas,
Froita na escola,
PLAMBE 2019-20,
Plan Proxecta
martes, 11 de xuño de 2019
Allos, patacas e cebolas
Ás veces preséntanse novas ocasións...
Ás veces facémonos preguntas para contestar as cousas máis sinxelas:
Ás veces facémonos preguntas para contestar as cousas máis sinxelas:
- Como nacen os allos?
- Como podemos sementar cebolas?
- E as patacas, como se reproducen?
- Non conseguimos nada co allo. Sospeitamos que temos que enterralo para conseguir unha nova planta.
- A cebola colocámolo nun recipiente de boca ancha con auga. Co paso do tempo empezou a botar ramada verde e as súa raíces creceron cara á auga. Ao mesmo tempo a cebola íase chupando e consumindo: empregaba todas as súas reservas no crecemento de follas e raíces. Agora xa vai secando. Sen dúbida teriamos que metela na terra para conseguir que botara flor e sementes.
- Ca pataca pasou algo parecido: vaise consumindo e a súa pel engúrrase ao mesmo tempo que bota pequenas ramas. Tamén deberiamos plantala para que continuara co seu desenvolvemento.
Etiquetas: tradición oral, tics
Froita na escola,
Plan Proxecta
mércores, 13 de febreiro de 2019
FROITA NA ESCOLA
Neste segundo trimestre tivemos a primeira quenda de "Froita na escola" dentro do plan Proxecta no que somos uns expertos. Foron dúas semanas nas que trocamos o noso bocadillo e algunha lambetada por unhas riquísimas e variadas froitas. Estas son as imaxes que nos deixaron estas xornadas cheiñas de plátanos, amorodos, tanxarinas e por vez primeira o Kiwi. Esta froita foi un éxito co que non contabamos.
Etiquetas: tradición oral, tics
curso 2018-19,
Froita na escola,
Plan Proxecta
mércores, 20 de xuño de 2018
FROITA NA ESCOLA EN XUÑO
Éntre o 4 e o 15 de xuño, todos os alumnos do colexio disfrutamos da degustación de froita nos recreos. Comimos froita de temporada como amorodos, nectarinas, melocotóns, peras, mazás, plátanos... Que rico e que cheo de vitaminas...!
Etiquetas: tradición oral, tics
Froita na escola,
PLAMBE (PDI),
Plan Proxecta. PLAMBE (PDI)
xoves, 8 de febreiro de 2018
Froita na escola en xaneiro
No Párroco seguimos fomentando o hábito de consumir froita para acadar unha dieta saudable e equilibrada. Desta vez foron dúas semanas, do 29 de xaneiro e ata o 2 de febrero nos que almorzamos cada día: mandarinas, plátanos, mazás e peras. Aquí deixámosvos aunhas pouquiñas fotos do que foron eses días ou máis ben do que aínda son xa que aínda hai froita estes días no colexio e ata que se esgote a teñen a disposición os nenos e nenas na hora do recreo.
Etiquetas: tradición oral, tics
Actividades Complementarias,
ENDL,
Froita na escola,
Plan Proxecta
luns, 19 de xuño de 2017
OS ALUMNOS DE 1º PLANTAMOS BRECOL
Durante o inverno, os alumnos de 1º plantamos brecol no noso horto escolar. Primeiro fixemos os buratos, botamos abono, metemos a planta e recheamos con terra. Finalmente regamos e agora a crecer.
Durante o inverno, os alumnos de 1º plantamos brecol no noso horto escolar. Primeiro fixemos os buratos, botamos abono, metemos a planta e recheamos con terra. Finalmente regamos e agora a crecer.
Etiquetas: tradición oral, tics
Froita na escola,
Horto escolar,
PLAMBE,
Plan Proxecta
sábado, 6 de maio de 2017
Semana de froita na escola no mes de abril
Na semana do 24 ao 28 de abril, os alumnos do Párroco voltamos a degustar froita para non esquecer os beneficios da dieta saudable. Como xa estamos na primavera, desta vez degustamos: amorodos, nísperos, plátanos, mandarinas e peras.
Aquí podedes ver algunhas fotos do que foi a semana de froita na escola.
Aquí podedes ver algunhas fotos do que foi a semana de froita na escola.
Etiquetas: tradición oral, tics
Actividades Complementarias,
Froita na escola
venres, 3 de febreiro de 2017
Semana de froita na escola
No Párroco seguimos fomentando o hábito de consumir froita para acadar unha dieta san e equilibrada. Desta vez na semana do 23 ao 27 de xaneiro tivemos a "Semana de froita na escola" e así almorzamos cada día: mandarinas, plátanos, mazás e amorodos.
Aquí deixámosvos algunhas fotos como mostra deses días.
Aquí deixámosvos algunhas fotos como mostra deses días.
mércores, 28 de decembro de 2016
NO PRIMEIRO TRIMESTRE PLANTAMOS BRECOL
Durante este trimestre, os alumnos de 1º de Primaria plantamos brecol no horto escolar. Primeiro preparamos a terra e fixemos os buratos. Despois cada un plantaba no burato a planta con un pouco de abono. Para rematar tapamos o burato e botamos un pouco de auga. Agora, a esperar que o ciclo se cumpla e os miremos medrar.
Durante este trimestre, os alumnos de 1º de Primaria plantamos brecol no horto escolar. Primeiro preparamos a terra e fixemos os buratos. Despois cada un plantaba no burato a planta con un pouco de abono. Para rematar tapamos o burato e botamos un pouco de auga. Agora, a esperar que o ciclo se cumpla e os miremos medrar.
Etiquetas: tradición oral, tics
Froita na escola,
Horto escolar,
Plan Proxecta. PLAMBE (PDI)
luns, 30 de maio de 2016
HORTO ESCOLAR
UN ANO MÁIS TRABALLAMOS NO HORTO ESCOLAR
Como todos os anos, continuamos co noso traballo no horto escolar. Este curso, o tempo non axudou demasiado. Aínda así, plantamos no inverno rabanitos e cebolas e na primavera tomates. Esta actividade está dentro do proxecto FROITA NA ESCOLA.
O noso obxectivo e que os alumnos aprendan a ter hábitos de comida saudables, coman máis froitas e verduras e non teñan unha vida sedentaria. Os alumnos de 3º e 2º plantamos e recollemos cebolas e os alumnos de 4º tamén plantamos rabanitos. Agora, na primavera, xa botamos uns tomatiños.
Etiquetas: tradición oral, tics
Froita na escola,
Horto escolar,
PLAMBE,
Plan Proxecta. PLAMBE (PDI)
martes, 3 de maio de 2016
FROITA NA ESCOLA DO 18 AO 22 DE ABRL
No noso colexio non nos cansamos de insistir e recordar que é necesario fomentar o hábito de consumo de froita entre os nenos e nenas. Unha vez máis na semana do 18 ao 22 de abril participamos no programa Alimenta-T Ben da Consellería de Medio Rural. Cada día almorzamos unha variedade de froita: mandarinas, plátanos, mazás, amorodos e nésperos. Aquí tendes as fotos, para que vexades que comer froita sempre é un éxito, e moito máis se hai amorodos!!
sábado, 23 de xaneiro de 2016
FROITA NA ESCOLA XANEIRO 2016
Un ano máis no Párroco queremos fomentar o hábito de consumo de froita entre os nenos. Deste xeito solicitamos o programa Alimenta-T Ben da Consellería de Medio Rural.
Desta vez, na semana do 18 ao 22 de xaneiro tomamos de merenda: plátanos, laranxas, mazás, peras e amorodos.
Aquí tendes una pequeña mostra do moito que lles gusta a froita aos nosos cativos.
Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a un xogo.
Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a un xogo.
Etiquetas: tradición oral, tics
ENDL,
Froita na escola
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
