martes, 11 de xuño de 2019

Allos, patacas e cebolas

     Ás veces preséntanse novas ocasións...
     Ás veces facémonos preguntas para contestar as cousas máis sinxelas:

  • Como nacen os allos?
  • Como podemos sementar cebolas?
  • E as patacas, como se reproducen?
     Para ter unha pequena aproximación á resposta collemos un dente de allo, unha cebola e unha pataca e sometémolos a longas semanas de observación.  E aí van as nosas conclusións:


  • Non conseguimos nada co allo.  Sospeitamos que temos que enterralo para conseguir unha nova planta.
  • A cebola colocámolo nun recipiente de boca ancha con auga.  Co paso do tempo empezou a botar ramada verde e as súa raíces creceron cara á auga.  Ao mesmo tempo a cebola íase chupando e consumindo:  empregaba todas as súas reservas no crecemento de follas e raíces.  Agora xa vai secando.  Sen dúbida teriamos que metela na terra para conseguir que botara flor e sementes.
  • Ca pataca pasou algo parecido:  vaise consumindo e a súa pel engúrrase ao mesmo tempo que bota pequenas ramas.  Tamén deberiamos plantala para que continuara co seu desenvolvemento.
     Deixamos aquí as fotos finais da nosa observación. 
   




1 comentario:

  1. Esa metodoloxía nunca falla: facelo un mesmo e analizar resultados ;-)

    ResponderEliminar