Estes días, na
escola, tivemos unha visita dun axente do SEPRONA que veu falarnos do seu
traballo e as súas inquedanzas profesionais respecto á nosa comarca. Amosounos
unha chea de fotos sobre animais maltratados, tráfico de especies exóticas,
vertidos en ríos, lumes… Non foi doado mirar algunhas delas… Ás veces é
necesario que nos poñan diante dos nosos ollos as atrocidades das que somos
capaces os seres humanos para que empecemos a tomar conciencia do dano que
estamos a facer ao noso planeta, ese que xa nos está dando aviso de que non
pode máis. Axudemos, entre todos, a que non teñamos que volver ensinar a
ninguén o que hoxe vimos no cole. As accións individuais teñen moito máis peso
do que cremos… Loitemos por un futuro limpo, verde e respirable.
Claro que si! Gota a gota faise océano! Aportando o noso graniño de area dende a casa, sempre!
ResponderEliminar