Nada máis chegar, no aparcamento fixeron dous grupos, e acompañados das nosas titoras e mestras e da man das monitoras comezou esta estupenda visita.
Nesta excursión única e diferente, mentres uns montaban a Little e a Luna acompañados por dos compañeiros que os guiaban no paseo, os outros peiteaban a outros dous ponys. Namentres os compañeiros de 1º visitaban todas as instalación coñecendo as cuadras de competición e os sitemas de entrenamento que empregan, aprendendo cousiñas sobre os numerosos e delicados cuidados que precisan os cabalos e como é a súa alimentación. E logo cambiamos e mentres os compañeiros de 1º montaron e peitearon aos ponys os de 2º fixeron a visita as instalacións.
Ao final, xuntámonos todos nas gradas da pista de competición para ver unha pequeña demostración.
E aquí tedes as fotos do que foi o día. Como cada grupo fixo moitas fotos, as poñemos por separado.
Fotos 2º
Fotos 1º
Que profesionais! Semella que levan toda a vida entre cabalos XD
ResponderEliminar