martes, 19 de xuño de 2018

OBRADOIROS DE: "PRIMEIROS AUXILIOS","XOGOS" E "RELAXACIÓN" (1º Primaria)


O día 11 de xuño estiveron no Colexio as “mamás” de Antón,Noa R. e Xiana (Mª Ángeles,Marisa e Rosa) para facernos estes 3 obradoiros tan interesantes.

No obradoiro de primeiros auxilios aprendimos cómo temos que actuar en caso de atopados por exemplo a unha persoa desmaiada e como colocala en posición de seguridade…
No obradoiro de xogos os nenos e nenas xogaron “ao tren de lavado” pasando un rato moi divertido,ao mesmo que fomentamos mediante o xogo a socialización,o traballo en equipo… entre outras cousas.
No obradoiro de relaxación os cativos aprenderon movementos e técnicas de respiración e relaxación que contribuien a que tomar consciencia do propio corpo e experimentar a sensación de benestar a través do exercicio físico.Levaron para casa unha pelotiña de agasallo para poder poñer en práctica o aprendido.

Moitas grazas ás tres pola vosa participación e por estes obradoiros tan variados e 
entretidos!






Ningún comentario:

Publicar un comentario