O martes 5 de xuño, en diferentes quendas, participamos nun obradoiro da campaña escolar "O sabor da aventura está no mar". Moitos de nós xa participaramos noutro obradoiro o curso pasado, así que xa coñeciamos "a cuadrilla dos arroases"que son 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe.
Os Arroases detectaron dende hai un tempo que a alguns nenos e nenas non lles gusta moito o peixe e están dispostos a facer que as cousas cambien.
Deste xeito cos seus superpoderes (cada un deles ten un "superpoder" unido a cada unha das especies: sardiña, xurelo, rodaballo, mexillón, troita, lirio, pescada) e coa axuda do pescador, Luis, e da cociñeira, Dona Mariña fixéronnos chegar a súa mensaxe a todos os nenos e nenas do Párroco.
Ainda que xa sabedes, o final da aventura non pode rematar no colexio, senón nas casas polo que a comer moito peixe e moitas sardiña agora che se achega o San Xoán!;).
Aquí deixamnos as fotos das diferentes quendas.
4º de E.I e 1º de primaria
5º e 6º de E.I.
2º e 3º de primaria
Menudos 'grumetiños'!
ResponderEliminar