domingo, 17 de xuño de 2018

PATIOS DIVERTIDOS E INCLUSIVOS: CONTRATOS PROGRAMA

O NOSO PROXECTO DE PATIOS DIVERTIDOS E INCLUSIVOS:
 Ao longo deste curso solicitamos un Contrato Programa para mellorar os nosos patios: que fosen máis divertidos, inclusivos e que non houbese lugar a problemas de convivencia. Empezamos por facer pequenos arranxos nos patios, aínda que se nos retrasou un pouquiño porque non paraba de chover e as obras eran no exterior. En canto o tempo deu unha tregua, viñeron sacar unhas barreiras arquitectónicas do patio, e, sobre todo, alisar os nosos muros para despois poder pintalos. Ao mesmo tempo, mercamos algún material e fixémonos con xogos novos, libros para facer unha bibliopatio, plásticos para poñer no chan e xogar aos xogos de mesa (xadrez, damas, memory...) ou ler, algunha casiña para o patio de Infantil. Todo isto era supervisado polos propios alumnos. Seguimos coa nosa biblioteca aberta dous días no recreo para facer actividades de contacontos, martes de xogos e algún taller como o de papiroflexia, levado polos nenos. Este foi o noso "comezar a andar", posto que aínda nos queda moito camiño por percorrer. Durante o verán continuaremos coas nosas pequenas reformas nos patios, para darlles un mellor e máis divertido uso.

1 comentario:

  1. Claro que sí! Temos un patio que da gusto velo. Poucos coles poden presumir do espacio natural do CEIP Párroco D Camilo. Hai que sacarlle todo o partido do mundo!!

    ResponderEliminar