domingo, 17 de xuño de 2018
O NOSO HORTO ESCOLAR
OS ALUMNOS DO CENTRO PLANTAMOS NO COLEXIO
Os alumnos do Centro puxemos de novo a funcionar o horto escolar. Este curso fíxose un anaquiño máis tarde que de costume, pero... é que non paraba de chover. Aínda así, comezaron os alumnos de E. Infantil plantando flores na xardineiras do seu patio, as cales coidan todos os días. Deseguido, os alumnos de Primaria fixemos unha plantación de diferentes especies: lavanda, romeu, pirixel, pensamentos, tulipáns e algún alcume de leituga, pementos e tomates. Unha semana despois, comezamos a baixar ao horto os diferentes curso e plantamos: leitugas, feixóns e tomates. Na última semana do curso escolar xa recolleremos as leitugas, que están ben fermosas.
Con todo este traballo, familiarizámonos con flores diferentes e aprendemos hábitos de comida saudables cos vexetais que temos no noso horto. Ademais, a nosa plantación é totalmente ecolóxica.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
A natureza e o ciclo da vida segue a ser abraiante para grandes e cativ@s... Grazas por facerllo vivir en primeira persoa@s nos@s pequech@s!
ResponderEliminar