Como o noso colexio non para de medrar, tivemos que facer dous festivais para amosar todos os nosos traballiños que con tanto esmero e amor preparamos para despedir este intenso ano académico.
Deste xeito, o venres 1 de xuño tivemos dous festivais de fin de curso.
No primeiro festival participaron os nenos e nenas de todo infantil e 1º e 2º de primaria, e no segundo festival actuaron os grupos de 3º ata 6º de primaria, onde os alumnos de 6º aproveitaron para despedirse do colexio, xa que pasan a unha nova etapa no instituto.
Aquí tedes a programación do que foi o día:
E aquí as fotos de cada un dos festivais
Noraboa a tod@s! Gran traballo de profes e alumn@s!
ResponderEliminar