xoves, 7 de xuño de 2018

COÑECEMOS NOVOS DEPORTES (1º Primaria)


 A “mamá” de Xabi (Lara) visitou o Cole o día 6 de xuño para amosarnos os deportes que practica no seu tempo de lecer  (“snowboard” e “skysurf”, deportes descoñecidos para a maioría dos cativos e que contribúen a desenvolver hábitos de vida saudables a través do exercicio físico).
“Snowboard”: practícase na neve, empregando unha táboa especial e levando casco e lentes de sol. Aprendimos a postura para deslizarnos correctamente.

“Skysurf”: practícase na auga, con outro tipo de táboa distinta ademais dun papaventos que vai suxeito ao corpo cun arnés. Inflamos o papaventos e puidemos comprobar as súas grandes dimensións.
Tamén nos agasallaron cunhas pulseiras “chulísimas”. Moitas grazas por participar con esta actividade tan xenial






Ningún comentario:

Publicar un comentario