O día 4 de xuño asistiron ao Colexio a “mamá” e o “papá” de Roi (Estefanía e Luis). Luis é policía e falounos da importancia de cumprir as normas (cando non se cumpren hai unhas consecuencias, nós decidimos), do respecto aos demais… cousas tan importantes que nos van a servir ao longo de toda a nosa vida.
Puideron subir no coche de policía, escoitar como soa a sirena, falar pola emisora, ver algúns dos materiais que levan dentro para sinalizar (como conos ou lanternas)... pasaron un tempiño moi divertido.
Agasalláronnos cuns libros de educación viaria “Axudiño”, ademais de traernos uns batidos para repoñer forzas no recreo.
Moitas grazas aos tres por participar con esta actividade e a todo o Corpo de Policía que se encarga de velar pola nosa seguridade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario