O luns, día 28, os nenos e nenas de 3º e 4º tivemos a sorte
de compartir a nosa xornada coa escritora Paula Carballeira. Chegou á escola a
media mañá e esperounos na biblioteca cun gran sorriso e unha morea de cousas
que contar... Falounos da súa nenez, dos primeiros contos inventados para os
seus irmáns pequenos, da casa da súa avoa que, por certo, era moi semellante á
de “Bruxa e familia”, o fermoso libro escrito por ela que limos e traballamos
nas clases. O encontro fíxose curto pero foi un pracer ter compartido con ela
esa xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario