O pasado 22 de maio visitou o noso cole Iago, un contacontos que xa non é a
primeira vez que recala no noso porto. Co seu bo facer trouxo ata nós (Infantil, 1º e 2º de Primaria) a
historia da Axente Riciños contada dun xeito moi especial...
Tal é a maxia que o
arrodea, -a pesar da súa seria faciana-, que moitos de nós non pestanexabamos e
fomos deixándonos levar polo ritmo da narración e pola emoción que nos produciu
acompañalo nas súas viaxes a carón desa nena que empezou sendo unha “mete os
narices en tódalas partes” e acabou sendo a mellor axente-pensadora do mundo dos contos.
A cara d@s nen@s xa amosa cmo estaban de entretidos ^_^
ResponderEliminar