O pasado luns 29 de abril, Carlos Taboada viu ao noso cole a compartir un ratiño cos alumn@s de 5º e 6º de Primaria. Presentounos a súa primeira obra en solitario como escritor e ilustrador. "A biblioteca de Pedrarcana", finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017.
O libro conta a historia sobre o valor dos libros e das bibliotecas para cambiar a pel dunha cidade. É unha aposta pola defensa da cultura e da lectura en contra da ignorancia. Adicounos os exemplares da nosa biblioteca do Párroco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario