venres, 25 de outubro de 2019

LENDO XUNTOS

Ler xuntos para desfrutar xuntos. Compartir experiencias e aprendizaxes divertidos e moi importantes ao tempo que xogamos xuntos. Non hai mellor xeito de comezar "oficialmente" a andaina da biblioteca neste curso. Os mouchiños convidáronnos esta semana na que se celebra o Día das Bibliotecas Escolares a ler e a pensar. Organizaron para nós un xogo de pistas-enigmas que tivemos que resolver e que nos mantiveron a grandes e pequenos un bo cacho matinando nas respostas correctas. Todo para poder abrir coas chaves conseguidas un misterioso paquete... Cando fomos quen de resolver tódolos misterios, descubrimos os agasallos que nos facían  os nosos amigos.
Os mouchiños queren acompañarnos  nosa volta ao mundo e, como saben tanto, prepararon unhas tarefas para todos que nos poidan guiar  nas nosas pescudas. Ademáis, tamén lembraron facernos un pequeno agasallo: un puzzle co logo do proxecto deste curso "Dándole unha volta ao planeta" e un cuadernillo de pegatas de bandeiras e animais do mundo.
Deixamósvos as fotos que xa temos. Despois iremos pondo as demáis. Case todos tivemos moita sorte co tempo que deixou lucir un agradable solciño de outono, agás os que tiveron que quedarse dentro por mor da chuvia do xoves; ainda así coido que tamén desfrutaron moito.


OBRADOIRO COMPARTIDO 3º PRIMARIA-3 ANOS



OBRADOIRO COMPARTIDO 6ºA E 4 ANOS


Ningún comentario:

Publicar un comentario