domingo, 9 de novembro de 2025

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

O pasado venres, os cursos de primaria unímonos para plantar árbores con pinceis... Non pensedes que isto vai únicamente de pintar... pois expertas trouxeron ao noso cole unhas pinturas fotocatalíticas que absorven e depuran os contaminantes que hai no aire... como se tivésemos árbores! Alucinante, non si!?

Os de 5º e 6º estivemos pintando un mural con estas pinturas sostibles nunha das paredes do patio cuberto.


Os de 4º participamos nun obradoiro de estampaxe. Realizamos, en equipo,  un padrón relacionado co coidado do medio ambiente e o estampamos nalgúns lugares do centro para compartir a mensaxe. Tamén estampamos o padrón do Proxecto O mar empeza aquí, unha campaña para visibilizar que o que se lanza nas rúas ou na rede de sumidoiros, pode acabar directamente no mar. Por todo isto, estampamos este padrón nun dos sumidoiros que hai no centro.


Por último, os de 1º e 2º estivemos pintando bolsas de tea con pinturas non contaminantes.


Aquí podedes vernos a todos e todas en acción!


 





Ningún comentario:

Publicar un comentario