O alumnado de 5º de Primaria puxo en marcha toda a súa creatividade cunha actividade artística moi especial: a creación de mosaicos seguindo unha simetría radial.
Empregando materiais reciclados como cartón e rolos de papel hixiénico, os nenos e nenas deseñaron composicións cheas de formas, equilibrio e cor. Primeiro descubriron que é a simetría radial e observaron exemplos presentes na arte, na natureza e na arquitectura. Despois, chegou o momento de experimentar e crear as súas propias obras.
A partir de pequenas pezas elaboradas cos rolos e o cartón, foron construíndo mosaicos orixinais nos que todas as formas se organizaban arredor dun punto central, creando efectos visuais moi atractivos e sorprendentes.
Con esta actividade, ademais de traballar conceptos artísticos e xeométricos, o alumnado puido desenvolver a creatividade, a precisión e a importancia da reutilización de materiais para crear arte.
O resultado final foi unha colección de mosaicos moi coloridos e cheos de imaxinación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario