O alumnado de Primaria achegouse ao universo creativo de Antoni Gaudí a través da realización de murais inspirados nalgunhas das súas obras máis coñecidas, como o Capricho, a Sagrada Familia ou a Pedrera.
Primeiro descubrimos quen foi Gaudí e observamos as formas, as cores e os detalles tan característicos da súa arquitectura. Chamounos especialmente a atención o uso das liñas curvas, os mosaicos e a inspiración na natureza presentes nas súas creacións.
Despois, empregando témperas e moita creatividade, os nenos e nenas elaboraron grandes murais nos que reinterpretaron estas emblemáticas obras arquitectónicas.
Con esta actividade, o alumnado puido coñecer mellor a arte e a arquitectura modernista, ao tempo que desenvolveu a expresión artística, a observación e o traballo cooperativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario