Amosando publicacións coa etiqueta Innova-lab. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Innova-lab. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2026

TRABALLAMOS OS POLIEDROS EN 6º DE PRIMARIA

 

Durante as últimas sesións de Matemáticas, o alumnado de 6º de Primaria traballou os poliedros a través dunha actividade manipulativa e moi motivadora. Empregando fíos, construíron diferentes figuras xeométricas tridimensionais, o que lles permitiu identificar e comprender mellor os seus elementos: caras, arestas e vértices.

Unha vez rematadas as construcións, os alumnos e alumnas analizaron as características de cada poliedro e aplicaron os contidos traballados na aula para calcular a súa área e o seu volume. Desta maneira, puideron relacionar a teoría coa práctica e consolidar os seus coñecementos de xeometría dun xeito máis significativo.



Esta proposta favoreceu a aprendizaxe activa, o desenvolvemento do razoamento matemático e o traballo cooperativo, ademais de fomentar a creatividade e a capacidade de resolución de problemas.


sábado, 30 de maio de 2026

Construímos a nosa propia Golden Gate Bridge

No cole convertémonos en auténticos enxeñeiros e enxeñeiras coa creación dunha maqueta da famosa Golden Gate Bridge dos Estados Unidos, inspirados pola nosa auxiliar de conversa americana.

Antes de comezar a construción, investigamos e descubrimos moitas curiosidades sobre esta emblemática ponte: onde está situada, como é a súa estrutura...



Despois chegou o momento de poñernos mans á obra. Por equipos, analizamos a estrutura da ponte e deseñamos cada unha das pezas necesarias para a súa construción. Pouco a pouco, fomos unindo o traballo de todos e todas ata conseguir unha espectacular ponte vermella que nos deixou moi orgullosos.



 

Con esta actividade traballamos a creatividade, a cooperación e a capacidade de planificación, ademais de achegarnos á cultura e aos lugares máis coñecidos dos Estados Unidos dunha maneira moi divertida e práctica.

Parabéns ao alumnado polo gran traballo realizado e pola fantástica maqueta conseguida!

sábado, 17 de xaneiro de 2026

Mate-estacións en 4º!

 

O alumnado de cuarto traballou matemáticas por estacións de aprendizaxe, pasando por diferentes actividades nas que puideron practicar os contidos dun xeito máis dinámico e participativo. 


Unha forma distinta de aprender, colaborando e movéndose, que fixo a sesión máis entretida e proveitosa.






xoves, 20 de novembro de 2025

O monte é vida

 

        O día 20 de novembro o alumnado de 5º e 6º  recibiu a axentes forestais e bombeiros.  Co obxecto de valorar o noso patrimonio forestal e fomentar a protección da natuleza charlaron cos nosos alumnos e proxectaron vídeos como apoio visual.  O que máis lles impresionou foi a actuación dos bombeiros e os sistemas de vixiancia dos axentes forestais.

 







luns, 16 de xuño de 2025

Xogos STEAM: Kapla, Korbo e Lego

 

Durante o 2º trimestre os alumnos e alumnas de 2ºP realizaron construccións de figuras co KAPLA. Este xogo fomenta a experimentación manipulativa e vivencial. Tamén promove o traballo en equipo tomando decisión de grupo. 

Crearon mecanismos e estruturas móbiles co set do material KORBO. Permitiu aos nenos e nenas verificar o efecto do movemento.

O BricQ Motion Essential LEGO Education achegou experiencias de aprendizaxe divertidas a medida que construían cos ladrillos LEGO.



A continuación, podedes ver o traballo experimental que realizou o alumnado.
 
 

 
 
 


xoves, 5 de xuño de 2025

XOGOS MANIPULATIVOS DE XEOMETRÍA

 

Durante este trimestre o alumnado de 4º de primaria traballou a xeometría dunha forma lúdica.

Empregaron os seguintos xogos para identificar e construír figuras xeométricas:

Dominó de figuras de mosaico

Fortalece a capacidade visual de diferenciación, exercita a apreciación de formas e consolida a capacidade de concentración.

 



Tangram

Permite traballar conceptos da xeometría plana e potenciar o sentido da orientación.

 



 

Flor encaixable de madeira

Estimula o pensamento lóxico e a aprendizaxe das formas xeométricas