Durante as
últimas sesións de Matemáticas, o alumnado de 6º de Primaria traballou os
poliedros a través dunha actividade manipulativa e moi motivadora. Empregando
fíos, construíron diferentes figuras xeométricas tridimensionais, o que lles
permitiu identificar e comprender mellor os seus elementos: caras, arestas e
vértices.
Unha vez
rematadas as construcións, os alumnos e alumnas analizaron as características
de cada poliedro e aplicaron os contidos traballados na aula para calcular a
súa área e o seu volume. Desta maneira, puideron relacionar a teoría coa
práctica e consolidar os seus coñecementos de xeometría dun xeito máis significativo.
Esta proposta
favoreceu a aprendizaxe activa, o desenvolvemento do razoamento matemático e o
traballo cooperativo, ademais de fomentar a creatividade e a capacidade de
resolución de problemas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario