Amosando publicacións coa etiqueta aprender xogando. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aprender xogando. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de maio de 2026

Experimentamos coa capacidade en Matemáticas

O alumnado de 4º de Primaria tivo unha divertida sesión de Matemáticas dedicada á medición e comparación de capacidades.

Empregando diferentes botellas, recipientes e vasos medidores, os nenos e nenas realizaron actividades prácticas para descubrir como medir líquidos e comparar cantidades. A través da experimentación, foron comprobando que non sempre o recipiente máis alto é o que ten maior capacidade e aprenderon a utilizar diferentes unidades de medida de maneira máis precisa.

Ao longo da sesión, fixeron estimacións, realizaron trasvasamentos e compararon resultados, traballando de forma manipulativa conceptos matemáticos relacionados coa capacidade e o volume.

Esta actividade permitiulles aprender dunha maneira práctica e divertida, fomentando a observación, o razoamento e o traballo en equipo.






venres, 29 de maio de 2026

FACENDO APRENDO

 E así, case sen decatarnos, estamos chegando ao final… Este último venres de maio na clase de 1º os xogos volveron ser os protagonistas da nosa aprendizaxe: estradas e coches para ordenar, labirintos que seguir, e unha tenda onde poñer a proba o noso manexo do diñeiro… Queriamos compralo todo, pero non sempre era doado atopar a cantidade xusta para pagar…






venres, 8 de maio de 2026

Museos Científicos da Coruña

Esta semana, os nenos e nenas de 2º, 3º e 4º de primaria tivemos a oportunidade de realizar unha saída moi especial á cidade da Coruña para visitar os seus museos científicos. 

Foi unha experiencia moi divertida e tamén chea de aprendizaxes, na que puidemos descubrir, experimentar e sorprendernos coa ciencia dun xeito práctico e entretido.

A nosa primeira parada foi no Aquarium Finisterrae, onde observamos numerosas especies mariñas e aprendemos máis sobre os océanos e a importancia de coidar o medio mariño. Un dos momentos que máis nos impresionou foi ver ao gran tiburón Gastón e outros animais mariños tan de preto.


Despois visitamos o Domus. Alí descubrimos moitas curiosidades sobre o corpo humano, os sentidos, as emocións e o funcionamento do cerebro a través de xogos e actividades interactivas nas que participamos con moito entusiasmo. Grazas a unha balanza puidemos comprobar a cantidade de auga que tiñamos no corpo!



Por último, achegámonos á Casa das Ciencias e ao seu planetario, onde puidemos seguir experimentando e aprendendo sobre a ciencia e o universo. A sesión no planetario encantounos, xa que nos permitiu observar as estrelas e coñecer un pouco máis sobre o espazo. Viñemos con deberes para casa, pois temos que buscar un sitio sen contaminación lumínica e observar o ceo para atopar o planeta Venus e algunhas estrelas e constelacións como fixemos na simulación do planetario!


Foi unha xornada inesquecible na que compartimos experiencias, aprendemos moito e desfrutamos xuntos dunha saída diferente e moi enriquecedora. Sen dúbida, unha aventura científica que tardaremos en esquecer.



luns, 27 de abril de 2026

English class with Sofia!

Tivemos unha clase moi divertida de gramática inglesa na que repasamos e practicamos o pasado continuo dun xeito diferente. Grazas á creatividade da nosa auxiliar de conversa, puidemos aprender a través de xogos dinámicos que fixeron a sesión moito máis amena e participativa.

Durante a clase, estivemos a practicar estruturas mentres xogabamos, o que nos axudou a comprender mellor o uso do pasado continuo en distintas situacións. Sen darnos conta, estabamos a aprender e a reforzar contidos de maneira natural.

Foi unha experiencia moi positiva que demostra que a gramática tamén pode ser divertida cando se traballa con imaxinación e entusiasmo.











luns, 23 de febreiro de 2026

Matemáticas manipulativas en 2º de primaria!

 

Os nenos e nenas de 2º de primaria aprenden  a través do emprego das regletas a desenvolver capacidades do pensamento lóxico-matemático como (a cantidade, as equivalencias, a suma ou a resta). Deste xeito as regletas son un material eficaz para a aprendizaxe multisensorial das matemáticas, xa que facilitan a comprensión de conceptos abstractos a través da manipulación, o xogo e a visualización.






















sábado, 17 de xaneiro de 2026

Mate-estacións en 4º!

 

O alumnado de cuarto traballou matemáticas por estacións de aprendizaxe, pasando por diferentes actividades nas que puideron practicar os contidos dun xeito máis dinámico e participativo. 


Unha forma distinta de aprender, colaborando e movéndose, que fixo a sesión máis entretida e proveitosa.






venres, 19 de decembro de 2025

MISTERIO DE NADAL RESOLTO POLO ALUMNADO DE 4º!

O alumnado de 4º recibiu un encargo moi especial, tiña que afrontar un reto de Nadal para salvar esta celebración...

Para conseguilo, precisaban superar unha probas de Lingua Castelá... Traballando en grupo foron quen de vencer cada desafío e resolver o enigma.

Desta maneira fixemos un repaso do aprendido no trimestre, pois era necesario atopar sinónimos e antónimos, escribir sen erros ortograficos, buscar na RAE, atopar sustantivos e adxectivos...

Bo traballo!

 


luns, 15 de decembro de 2025

OBRADOIROS DE XOGOS

Na aula de 1º os obradoiros de xogos están a converterse nun espazo clave  para aprender de forma activa e divertida. A través deles  desenvolvemos habilidades como a cooperación, a creatividade e a resolución de problemas mentres rimos, gozamos e somos quen de coñecernos un pouquiño máis e mellor…



xoves, 27 de novembro de 2025

OBRADOIROS MATEMÁTICOS 1º TRIMESTRE

 O alumnado de 1º acaba de comezar o seu camiño pola Primaria con moita enerxía e actitude. Así van aprendendo unha morea de cousas entre a aula STEM, os obradoiros de xogos, as saídas e visitas… Deixamos aquí algúns deses inesquecibles momentos…



martes, 25 de novembro de 2025

APRENDIZAXE BASADA EN XOGOS

A aprendizaxe basada en xogos (ABJ) ten multitude de beneficios nos nenos e nenas, sendo unha ferramenta educativa fundamental para o desenvolvemento cognitivo, social e emocional. Por iso a clase de 2º de educación primaria a través do emprego de xogos didácticos adquiren coñecementos nun ambiente interactivo e motivador, o que mellora a participación e a aprendizaxe dos alumnos e alumnas. 




luns, 16 de xuño de 2025

Xogos STEAM: Kapla, Korbo e Lego

 

Durante o 2º trimestre os alumnos e alumnas de 2ºP realizaron construccións de figuras co KAPLA. Este xogo fomenta a experimentación manipulativa e vivencial. Tamén promove o traballo en equipo tomando decisión de grupo. 

Crearon mecanismos e estruturas móbiles co set do material KORBO. Permitiu aos nenos e nenas verificar o efecto do movemento.

O BricQ Motion Essential LEGO Education achegou experiencias de aprendizaxe divertidas a medida que construían cos ladrillos LEGO.



A continuación, podedes ver o traballo experimental que realizou o alumnado.
 
 

 
 
 


venres, 6 de xuño de 2025

XOGANDO AO GRABOLO NÚMEROS

 

Que ben o pasamos na aula de 5 anos xogando ao Grabolo Números.

É un xogo divertidísimo que fomenta a coordinación ollo-man, a memoria, o razoamento matemático e a socialización. Todos os nenos e nenas querían ser os primeiros en coller a carta correspondente.

Un emocionante desafío!








                                    

xoves, 5 de xuño de 2025

XOGOS MANIPULATIVOS DE XEOMETRÍA

 

Durante este trimestre o alumnado de 4º de primaria traballou a xeometría dunha forma lúdica.

Empregaron os seguintos xogos para identificar e construír figuras xeométricas:

Dominó de figuras de mosaico

Fortalece a capacidade visual de diferenciación, exercita a apreciación de formas e consolida a capacidade de concentración.

 



Tangram

Permite traballar conceptos da xeometría plana e potenciar o sentido da orientación.

 



 

Flor encaixable de madeira

Estimula o pensamento lóxico e a aprendizaxe das formas xeométricas