domingo, 22 de decembro de 2019

REIS MAGOS NO NADAL

Seguindo as tradicións de noso, do noso pais e do noso cole, a mañá do 20 de decembro achegámonos todos á entrada do cole, ao espacio especial adicado á visita dos  Rei Mago para dárlle-la nosa carta. Fixemos todos, grandes e pequenos, unha  longa listaxe de agasallos. E aínda que xa moitos enviaran as súas cartas por outros medios (e a outros destinatarios)  ninguén (nen sequera os maiores) quixo faltar tampouco  á cita. Que por cartas non sexa!  Como pouco que nos traian a todos felicidade...

1 comentario:

  1. Iso! Que por cartas non sea! As tradicións son tradicións, o fin e o cabo ;-)

    ResponderEliminar