O martes 17 de decembro, os alumnos de 4º de primaria visitamos Salinae, a primeira salina romana de evaporación solar, que foi conservada e musealizada do Imperio Romano.
Aprendemos cómo é o proceso de obtención da sal, un ben moi preciado para os romanos, e as múltiples utilidades que lle damos aínda hoxe grazas a eles, como a conservación dos alimentos e potenciación do seu sabor, a preparación de peles...
Para finalizar a visita participamos no obradoiro, "Sabores de Roma", no que con axuda de Sabela e Izan, descubrimos a cantidade de especias que utilizaban os romanos para cociñar, e prepararon un mollo para untar no pan.
Tedes a receita nas fotos, así que animádevos a facela na casa e sentirvos como auténticos romanos!!
Canta pegada deixaron en nós as antiguas civilizacións. Anacos da historia á volta da casa...
ResponderEliminar