Este barco dá unha volta ao mundo conmemorando os 200 anos da descoberta da Antártida polo explorador Fabian Gottlieb. (curiosidade que fose outro fabián o que lles puxese problemas no mar estes días). Este explorador é un dos tres aos que se atribué o primeiro avistamento confirmado do continente. Tamén é certo que, dende o 1520, outros barcos que cruzaban a punta daTerra do lume estiveron alí mesmo e poderían ser considerados descobridores; pero faltan evidencias científicas.
"Velas pola paz" é o nome dado á expedición que tamén lembra a victoria sobre a barbarie do nazismo.
Un barco máis a engadir á listaxe dos que estamos a traballar este curso e imos lembrar na vindeira celebración escolar da paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario