venres, 27 de decembro de 2019

UNHA ÁRBORE DE NADAL SOSTIBLE

Unha parte importante do Proxecto que desenvolvemos a nivel de centro é a "volta ao mundo dende o punto de vista da ecoloxía". Queremos coñecer os males do planeta e os hábitos malos e bos que  todos nós temos para iniciar, despois desta reflexión, unha acción responsable que nos axude a mellorar a nosa relación con el.
Daquela, este curso iniciamos unha andaina que, como xa vos contamos, non se quere quedar aquí, senón que pretende ir moito máis aló e converterse nun modo de vivir propio: cómodo, pero tamén saudable e responsable.
Este é o espíritu co que decidimos facer unha árbore de nadal na que traballamos con materiais de refugallo, pero que tamén foi o punto de partida para esa conciencia crítica e para unha vontade firme. Estamos aprendendo a ser cidadáns; e aprendemos dando xa pequenos pasiños cara adiante. 
Mirade como quedou a nosa árbore sostible. Cada caixa personalizada será a partir de hoxe a nosa "caixa do planeta" onde depositar a información atopada, as nosas preocupacións, os nosos propósitos de mellora, as nosas accións tanxibles...todo o traballo multidisciplinar arredor destas inquedanzas.
Como é Nadal, queremos soñar con que un mundo mellor- a nivel humano e climático- é posible. E aínda que o pidamos como agasallo ós nosos Reis Magos, nós imos comezar a traballar para conseguilo. Agardamos que fagades esta viaxe con nós.



Estas son as tapas das nosas caixas do planeta:

            6º A   
6ºB

     5º

             4º
       

                                 3º

       2º

                 1º

 5anos

         4anos
 3anos


1 comentario: