O luns 22 de outubro, asistimos ao Teatro Afundación para gozar da obra "De los cuentos a las cuentas" galardonada co Premio de Actualidade Económica e CECA.
María, a protagonista, faranos viaxar a moitos lugares, sen movernos da nosa butaca nin da súa habitación. Vivirá entre dous mundos, acompañada do seu pai, un home serio e práctico, e do seu tío, un viaxeiro aventureiro, loitador e soñador.
Nesta viaxe entre dous mundos, María entenderá que as veces os contos e os soños se poden facer realidade, só e necesario ter valor e esforzarse por conseguilo.
A obra foi moi amena e divertida.
Ir ó teatro sempre é unha boa elección. Grazas :-)
ResponderEliminar