O 30 de outubro os nen@s de quinto e sexto de Primaria, foron de visita ao Concello de Vigo. En dúas horas de percorrido, aprendemos como entre 1200 e 1300 funcionarios traballan nos diferentes departamentos. Na planta baixa, a chamada "lonxa", está a zona onde se poden resolver moitas das xestións cidadáns, de tráfego, pagamentos de lixo e contribucións...Tamén estiveron na Sala de Plenos onde se reúnen os concelleiros xunto co noso alcalde "Abel Caballero", que aproveitou un ratiño para ir saudarnos. O alcalde é nomeado nas eleccións municipais polos vigueses maiores de 18 anos.
Despois baixamos ao soto onde se imparten cursos de danza e canto popular e deixáronnos participar dunha peza que acompañamos coas palmas. Rematamos a visita vendo a sala onde se controla todo o tráfico da nosa cidade e os laboratorios de análise de auga.
Unha visita moi interesante e máis que recomendable. Viñeron cargad@s de historias que contar, temas que lles sorprenderon realmente un montón, ademáis acompañados e guiados por Pablo..., non cabe dúbida de que tivo tivo que ser fantástica! Grazas, un saúdo!
ResponderEliminarMenuda visita máis cundida! Non quedou recuncho sen visitar :-)
ResponderEliminar