O venres 26 de outubro os nenos e nenas de 5º reflexionamos nas aulas sobre as boas prácticas que debemos adoptar como peóns (a chuvia non nos permitiu saír ás inmediacións do colexio para facer as prácticas), pero puidemos analizar e estudar o mellor xeito de cruzar as rúas, os riscos que temos que evitar e como desfrutar dos itinerarios e paseos polas rúas da nosa cidade.
O que sí que nos quedou claro é que segundo o último informe da DGT sobre sinistralidade viaria, no ano 2013 houbo o dobre de vítimas entre as persoas con idades comprendidas entre os 25 e 54 anos que no colectivo infantil.
Así que, por favor, familias: Os nenos sabemos comportarnos coma peóns moito mellor cós adultos. Os adultos, debemos esforzarnos e dar exemplo e aplicar en nós mesmos o que queremos que os cativos practiquen nas rúas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario