luns, 29 de outubro de 2018

Charlas sobre perigos de internet e acoso escolar

         O 19 e 26 de outubro, os alumn@s de quinto e sexto de primaria recibiron a visita de Mónica, unha policía nacional que nos impartiu dúas charlas sobre "Os perigos de Internet" e "Acoso escolar". Encádranse dentro do "Plan Director" do 2018 para a convivencia e mellora da seguridade dos centros educativos. Ao longo de hora e media faloulles dos perigos das redes sociais e todo o que conleva sendo menores de idade. Rematou as dúas exposicións deixando que os rapaces e rapazas plantexaran as súas dúbidas e que fosen capaces de identificar e denunciar situacións inapropiadas tanto na rede como na vida escolar. 

        Chegamos a unha conclusión común: temos que plantarlle cara as condutas agresivas nos colexios e non quedarnos calados ante os abusóns.



1 comentario:

  1. Tema moi necerario de abordar, tanto dende a escola, como dende a familia. Eu, polo meu traballo relacionado con internet e as redes sociais, na casa fago moitísimo fincapé no feito de cómo podemos perder o control sobre texto e imaxes no mundo online. Grazas polo reforzo con estas charlas!

    ResponderEliminar